Productos / Sofás

SOFA MONROE


Carmenes
O sofá Monroe é unha peza de versatilidade estética e coherencia estrutural. Deseñado por Lievore Altherr Molina, esta peza ten unha estrutura modular que permite crear dende un sofá clásico a unha solución cantoneira.

Existen diferentes acabados que permiten ao usuario adaptalo a calquera ambiente, todos eles en materiais de primeira calidade, como os coxíns, todos eles totalmente desenfundables.
Os almofadóns de asento están recheos de escuma de poliuretano de alta densidade, que recupera doadamente a súa forma, recuberto de guata de poliéster. Os almofadóns do respaldo compóñense dunha mestura compartimentar de pluma 80% e guata poliéster 20%.