Noticias / 2015

Da comezo a tempada de reformas


Coa chegada do verán iníciase unha época donde os proxectos de reformas toman protagonismo na actividade da tenda. Son uns meses de duro traballo pero moi gratificantes. Encántanos dar vida e sacar todo o potencial a eses espazos que farán o noso fogar máis habitable, máis noso.

Nesta ocasión presentamos a reforma realizada en dous cuartos de baño dunha mesma vivenda. O obxectivo foi crear dous baños que encaixaran co estilo da vivenda e coa personalidade dos propietarios. Para isto utilizamos pezas con moita personalidade cun certo estilo clásico renovado.


Baño de invitados


Fotografía: Juan Rodríguez Pazos  


Para este cuarto de baño situado na planta baixa, diseñouse un mueble a medida en madeira de nogal e tapa de mármol negro Marquina. Os revestimentos de paredes e lavamáns están feitos en pedra da colección l´Antic colonial. O espello, tamén realizado a medida, está feito en madeira de nogal e pan de plata. O papel pintado é Palais chinoise de Osborne &Little.


Baño en segunda planta


Fotografía: Juan Rodríguez Pazos   


Para este cuarto de baño puxemos todos os esforzos en aproveitar ao máximo a luz natural que entra desde o exterior. Distribuiuse de tal forma que a ducha ocupa ese espazo co teito inclinado e consegue así crear unha maior amplitude visual aproveitando esa luz cenital combinado con materiais claros e inodoro colgante.

 As paredes están revestidas con azulexo retro biselado e o pavimento en mármol blanco Almería en medida 60x30. Plato de ducha con mosaico de mármol e espello de The Ivory.



Compartir: