Noticias / 2015

O gusto polo feito coas mans


Sucumbiches á tendencia de facer labores de costura? Segues todas as páxinas que ensinan a facer unha mesa ou un cabezal con palets? A influencia que xerou o movemento DIY (Domingo It Yourself) potenciou o gusto polas elaboracións manuais como o tricot, o patchwork, o petit point, a xardinaría ou a carpintaría.

O mercado non só viu desenvolver a capacidade creativa de miles de persoas, se non que introduciu esas técnicas de fabricación tradicionais ás novas tendencias. Os obxectos do fogar contaxiáronse desta enerxía do artesanal. Se non fomos os herdeiros das colchas da avoa, aprendemos a facelas, se queremos unha alfombra económica para o baño, facémonola con trapillo,…Las alfombras, lámpadas ou pouffs revístense 100% de la virxe, tinguidas con tinguiduras naturais.



É o caso de Gan Rugs, a súa colección GAN é un exemplo destas tendencias. Nela presenta diferentes tipos de confección de alfombras, en Mangas e Mangas Space, unha colaboración que fan con Patricia Urquiola, a alfombra confecciónase a man trenzando oitos en la 100%, a imaxe dun gran xersei calcetado pola nosa nai, ou a serie Canevas en colaboración con Charlotte Lancelot  e fabricados cunha base de feltro perforado na que se entrelazan fíos de la de cores facendo unha cruz. Ou a nova Silaï, unha alfombra de la virxe realizada con técnica de bordado. O catálogo ao completo é unha mostraxe de técnicas artesanais, dende a alfombra anoada a man á cadeneta.

Non só as alfómbras se visten 100% de la virxe, a tendencia contaxia a lámpadas, banquetas, ou pouffs, ás knitted stools da mesma firma, imitan trenzados, puños de xersei, ou oitos dun xersei.

As lámpadas de tricot son outro dos exemplos máis interesantes deste tipo de incursións nos obxectos de fogar. Na firma Casamania presentárono confeccionado en lámpadas. En diferentes tons e tamaños, a la pasou a revestir as armazóns nuas das lámpadas, cunha solución divertida.
 

Chámalle vaca se o prefires. As cabezas de animais de esparto foron un boom este ano. A idea de traballar con materiais sinxelos, novas figuras de animais que todos temos interiorizado, achegáronlle frescura a unha tradición moi arraigada no sur. Non só introducen de novo o artesanal no fogar, se non que presentan outra tendencia moi en voga, a Natureza en todo o seu explendor. A firma de Artesanía San José, leva anos traballando as fibras vexetais nos seus deseños, dende cestóns, persianas de esteira, ou alfombras.

Anímovos a ver o vídeo de Expormin, unha firma española punteira no sector do moble, que leva anos facendo as súas pezas co respecto das técnicas tradicionais. Aínda que co paso dos anos diversificaron a súa oferta, e a súa presenza en feiras internacionais, o seu leivmotiv polo traballo ben feito, e un habilidoso trenzado a cargo de mans expertas, que forma, parte do seu máis prezado know-how.



Compartir: