Noticias / 2014

Escaparates vivos, Espazos Activos


Escaparate nocturno en Santiago de Compostela

Levamos uns meses participando nunha fantástica iniciativa levada a cabo polo concello de Santiago dende a área de comercio. A iniciativa trata de aproveitar as posibilidades de locais comerciais abandonados ou en desfuso coa intención de que sirvan de escaparates para os comercios da cidade que queiran participar. Unha iniciativa de grande interese para a activación de locais comerciais, rúas e tecido comercial.

O noso primeiro escaparate está na Rúa del Vilar, en pleno corazón da zona vella, invitámosvos a que pasedes a velo. Esperamos gústevos.
Emocionounos este proxecto, e prometemos facer pequenos apuntamentos de escaparatismo nestes meses.
Parabén a todos os propietarios que cederon os seus locais, grazas á súa xenerosidade son posibles proxectos como este.

Escaparate de Asthor concello de santiago de compostela
Compartir: