Somos Asthor decoración
Equipo Asthor Decoración

En Asthor levamos 40 anos creando espazos habitables, axudando aos nosos clientes a querer e a disfrutar máis do seu fogar. En cada un dos nosos traballos respírase exclusividade, a elegancia do clásico, confort e contemporáneidade. Pero sobre todo moita paixón, dedicación e mimo.

Asthor somos un equipo de profesionais formados en diferentes campos entorno á decoración, ao arte e ao deseño, o que fai que podamos axudarche a tomar as mellores decisións para o teu fogar.

Ademáis contamos con tenda física en pleno centro de Santiago de Compostela. Un espazo ao que estás convidado para descubrir, no noso "showroom", unha selección de pezas das mellores firmas tanto nacionais como internacionais. Unha mostra tan ecléctica como a nosa maneira de entender a decoración e o interiorismo.

EQUIPO


Marta Sánchez
Son deseñadora de interiores e licenciada en Hª do Arte. Levo toda a miña vida entre mobles, teas e feiras do sector tanto nacionais coma internacionais. Dende moi pequena vin como Asthor se convertía nunha referencia na cidade, como evolucionaba, como se transformaba para asumir as novas tendencias en interiorismo e decoración. Hoxe son herdeira, un pouco, do que vivín dende a miña nenez, da vocación con que Ramiro emprendeu este proxecto hai máis de 40 anos, do entusiasmo, a profesionalidade e dedicación que verteu en Asthor, da influencia que supuxo a evolución da tenda ao longo dos anos. Ao final, todo iso, foi conformando o meu gusto persoal polos materiais, as texturas e os diferentes estilos decorativos.

María Paz 
É deseñadora de interiores e auxiliar administrativa. Hai máis de 10 anos que forma parte do equipo de traballo de Asthor como deseñadora. María achega a súa profesionalidade e frescura en todos os proxectos nos que participa. Tamén se encarga das relacións cos clientes, ofrecendo unha atención persoal coidada e esmerada.
Compartir: